Peter SaganeacdcOzOo H5i krf :e3qSs67hZz5jdove at Kk y50
| Peter Sagan | |
|---|---|
| Información persoal | |
| Nacemento | Peter Sagan 26 de xaneiro de 1990 (29 anos) Zilina, Eslovaquia |
| Nacionalidade | |
| Profesión | Ciclista |
| Equipo | |
| Último equipo | Bora-Hansgrohe |
| Equipo(s) Pro | |
| 2009 2010-2014 2015-2016 2017- |
Dukla Trencin-Merida Liquigas/Cannondale Tinkoff Bora-Hansgrohe |
| Principais vitorias | |
| Campionatos internacionais: Campionato do Mundo en Ruta | |
Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.
Índice
- 1 Traxectoria
- 1.1 Ciclismo profesional
- 1.1.1 2009
- 1.1.2 2010
- 1.1.3 2011
- 1.1.4 2012
- 1.1.5 2013
- 1.1.6 2014
- 1.1.7 2016
- 1.1 Ciclismo profesional
- 2 Palmarés
- 3 Resultados nas Grandes Voltas e Campionatos do Mundo
- 4 Recoñecementos
- 5 Equipos
- 6 Notas
- 7 Véxase tamén
- 7.1 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como moitos mozos comezou destacando no ciclocross e no mountain bike en categorías inferiores. En 2008 adxudicouse o Campionato do Mundo e de Europa de Ciclismo de Montaña, e un ano antes foi terceiro en ámbolos dous campionatos, ademais doutros resultados e vitorias destacadas en categoría júnior. No ano 2009, sendo aínda júnior, foi fichado polo equipo Continental Dukla Trencin Merida.
Ciclismo profesional[editar | editar a fonte]
2009[editar | editar a fonte]
No seu primeiro ano como ciclista profesional, gaña o Gran Premio Kooperativa e 2 etapas do Mazovia Tour.
2010[editar | editar a fonte]
No 2010 uniuse ao equipo do ProTour Liquigas. A súa primeira carreira con este equipo foi o Tour Down Under, durante o cal escapou nun grupo xunto a Cadel Evans, Alejandro Valverde e Luis León Sánchez na etapa raíña.[1] Na París-Niza acadou 2 vitorias, batendo corredores como Valverde e Joaquim Rodríguez. No Tour de California gañou no Big Bear Lake unha etapa de 4 500 metros de desnivel.
2011[editar | editar a fonte]
En 2011 converteuse nunha das estrelas do pelotón internacional, sendo, con 15 vitorias, o segundo na clasificación de vitorias, só superado por Philippe Gilbert. Consolidouse como un gañador de regularidade en calquera carreira que corre. Na Volta a Suíza gañou unha etapa de alta montaña superando un coloso como o Grosse Scheidegg. Gañou 2 voltas por etapas, e estreouse nas grandes voltas cun triplete, sendo o que máis etapas gaña nesa edición da Volta a España. Memorable o seu descenso en Córdoba, ao plantarse na meta con tres compañeiros de equipo e só Pablo Lastras puido aguantar ese descenso vertixinoso. Unha semana despois do final da Volta venceu na súa primeira "clásica" en Prato. Á semana seguinde foi 12º no mundial de Copenhaguen.
2012[editar | editar a fonte]
En 2012 volveu mostrar unha notable melloría. Na Tirreno-Adriático venceu a etapa de Chieti cun quilómetro final durísimo. Nas clásicas de primavera consolidouse como un dos grandes especialistas en carreiras clásicas do momento, sendo 2º en Gante-Wevelgem, 3º en Amstel Gold Race, 4º en Milán-San Remo e 5º no Tour de Flandes.
Nese mesmo ano no Tour de California tivo unha grande actuación, vencendo en 5 das 8 etapas disputadas e quedando 2º no Big Bear Lake. No prólogo da Volta a Suíza derrotou a Fabian Cancellara, invicto nese percorrido os 4 últimos anos, o que supuxo a primeira vitoria contra o cronómetro do corredor eslovaco, que finalmente levaría 3 etapas máis e a regularidade. Varios días despois revalidaría o título de campión de ruta do seu país.
No debut no Tour de Francia tardou ben pouco en levar a súa primeira etapa: tras un prólogo peor do esperado, venceu na primeira etapa en liña, para gañar outras 2 etapas máis na primeira semana e lucir dende a etapa 2 ata a fin nos Campos Elíseos o maillot verde. Porén, dende o Tour de Francia non conseguiu ningunha outra vitoria, e no Mundial volveu fracasar por segundo ano consecutivo.
2013[editar | editar a fonte]
En 2013 seguiu a súa progresión. Tras un comezo discreto en San Luis, na seguinte carreira en Oman acadou 2 vitorias irresistibles. En Camaiore conseguiu a súa segunda clásica, e quedou 2º na Strade Bianche tralo seu compañeiro Moreno Moser. Na Tirreno quedou patente a súa nova melloría, sendo capaz de xuntar nunha mesma carreira unha vitoria ante os mellores sprinters do mundo e o triunfo na etapa de San Elpidio fronte á elite.
2014[editar | editar a fonte]
Gañou varias etapas en carreiras de pretemporada e quedou 6º na Paris-Roubaix. Gañou a clasificación de sprints no Tour de California e a clasificación por puntos e mais dúas etapas na Volta a Suiza. Non participou no Giro para poder preparar o Tour de Francia, no que acadou o maillot verde malia non gañar ningunha etapa.
2016[editar | editar a fonte]
Comezou o ano no Tour de San Luis, cunha participación máis ben sobria. No retorno ao calendario europeo, correu tres clásicas menores (Omloop Het Nieuwsblad Elite, Kuurne-Bruxelles-Kuurne e Strade Bianche), onde rematou 2º, 7º e 4º, respectivamente.[2][3][4]
Malia non ser tan bo inicio como o de tempadas anteriores, Sagan disputou a Tirreno-Adriático, finalizando 2º na clasificación xeral, 2º en dúas etapas e 1º na clasificación por puntos. Debido a que as vitorias non chegaban para Sagan, dicíase que a "maldición do arco da vella" caera sobre Sagan, que levaba acumulados cinco segundos postos.
Afianzando esa afirmación, Sagan volvía a quedar 2º na 3ª clásica belga (E3 Harelbeke), esta vez por detrás de Michał Kwiatkowski. Con seis segundos postos a maldición collía forza.[5]
Co obxectivo de disipar dúbidas e reivindicarse, Sagan estaba decidido a gañar a 4ª clásica belga, Gante-Wevelgem. Ao igual que na E3 Harelbeke, atacou dende o pelotón, esta vez con Fabian Cancellara e Sep Vanmarcke. Xuntos acadaron ao ruso Viacheslav Kuznetsov, quen atacara previamente. Neste hábil movemento que pretendía romper a carreira, lograron avantaxar ao pelotón, onde o Ettix-Quick Step tentaba reducir a distancia sen éxito, ata en 50 segundos. Finalmente, e como se pensaba, o eslovaco gañou o sprint con autoridade, vencendo así por segunda vez nesta carreira e rompendo a suposta maldición.
Sen a presión de estrearse, Sagan afrontaba o Tour de Flandres con forza e ilusión, para anotarse así o seu primeiro "monumento" ciclista. A falta de 50 km para meta, Kwiatkowski tomou as rendas da carreira cun ataque, levando consigo a Sagan e a Vanmarcke. Estes neutralizaron a escapada do día e chegaron ao mítico e durísimo "muro" de Paterberg, onde Cancellara lanzou unha ofensiva para coller o grupo cabeceiro. Nun movemento espello, Peter tamén decidiu atacar para descolgar os seus acompañantes e evitar que Cancellara contactase. Pasado o Paterberg, Vanmarcke e o suízo deixaron atrás a Kwiatkowski. Entre ambos non houbo entendemento, xa que Vanmarcke estaba canso e "Espartaco" imprimiu un forte ritmo, pero insuficiente para alcanzar a Sagan. O campión mundial cruzaba a liña de meta en solitario e gañaba a 100ª edición do Tour de Flandres, con forza e clase, segunda vitoria da tempada.[6]
Sen descanso, Sagan prepárase para disputar a París-Roubaix como máximo favorito tralo dobrete de clásicas belgas (Gante-Wevelgem e Tour de Flandres). O clima durante a carrera presentou unha dificultade engadida, e un corte importante do pelotón a moitos quilómetros de meta supuxo, practicamente, a despedida de Sagan da vitoria. Este, dándose relevos con Cancellara nun grupo secundario, intentaría neutralizar o grupo cabeceiro onde iban outros favoritos como Tom Boonen. A pesar do gran esforzo dos dous, a distancia que recortaban era mínima e debido ás malas condicións do empedrado Cancellara caeu, rompendo o grupo e deixando ao eslovaco en solitario, que con habilidade sorteou ao suízo.[7] Desta maneira remataba a primeira parte da tempada para el, non podendo despedirse co dobrete do empedrado.
Practicamente un mes despois da París-Roubaix, Sagan dispúxose a gañar o Amgen Tour de California, onde era asiduo á vitoria. Tras demostrar unha notable superioridade, facíase con dúas etapas. Case un mes despois de levantar os brazos, volvía a impoñerse nun sprint na 2ª etapa da Volta a Suíza, confirmando así o seu excelente estado de forma, a só 2 semanas de comezar o Tour de Francia.
Coa moral alta e un físico ao mesmo nivel, o campión comezaba o Tour de Francia con un 3º posto no primeiro sprint da ronda gala onde, tras arrancar con forza, é superado por Kittel e Cavendish, resultando vencedor o británico. Na 2ª etapa, grazas á axuda de Roman Kreuziger, neutralizan a escapada do día a 500 m de meta, e o eslovaco bate con solidez a Julian Alaphilippe nun sprint reducido, obtendo así a súa 5ª etapa no Tour de Francia, 3 anos despois da última. A maiores, enfúndase o maillot amarelo por primeira vez. Tralo día de descanso, na 10ª etapa, Sagan métese na escapada, onde é vixiado constantemente, destrozándoa o mesmo e índose en solitario na última cota da xornada. Malia isto, Michael Matthews é máis rápido e relégao a un 2º posto. Nove etapas despois da súa 5ª etapa no Tour, aproveitaba o vento e os abanicos no pelotón, saltando a 10 km de meta xunto con Geraint Thomas, o seu compañeiro Maciej Bodnar e o maillot amarelo Chris Froome. Como era de esperar, logra a súa 6ª etapa no Tour e unha importante diferencia no maillot por puntos. Cinco etapas máis tarde, na 16ª, Sagan volvía a demostrar o seu poderío e a súa calidade, superando ao sprint a Alexander Kristoff por milímetros.[8] Pese a non ser do seu perfil, Sagan participou nas fugas das dúas últimas etapas (19ª e 20ª) para axudar na montaña o seu compañero Rafał Majka e o seu líder Roman Kreuziger, o que lle valeu para facerse co premio da combatividade do Tour. Na chegada a París sería segundo por detrás do alemán André Greipel, ratificando así o seu 5º maillot verde consecutivo e quedando a só un do alemán Erik Zabel, dono de seis.[9]
Unhas semanas despois de terminar o Tour de Francia e a só unha semana de comezar os Xogos Olímpicos de Río, o equipo Bora-Hansgrohe anunciaba a fichaxe de Sagan polos próximos tres anos, levando consigo os seus homes confianza, Maciej Bodnar, Erik Baška, o seu irmán maior Juraj etc.[10]
Descartando participar na proba en ruta dos Xogos por non adaptarse esta demasiado ao seu estilo, Peter alístase á modalidade de mountain bike, volvendo así aos seus inicios no ciclismo. Tras un bo inicio que lle permitiría situarse entre os tres primeiros, dous pinchazos afastárono da vitoria final.[11]
Palmarés[editar | editar a fonte]
2009
- Gran Premio Kooperativa
- 2 etapas do Mazovia Tour
2010
- 2 etapas da París-Niza
- 1 etapa do Tour de Romandía
- 2 etapas do Tour de California
2011
- Giro de Sardeña, mais 3 etapas
- 1 etapa do Tour de California
- 2 etapas da Volta a Suiza
- Campionato de Eslovaquia en Ruta

- Tour a Polonia, mais 2 etapas
- 3 etapas da Volta a España
- G. P. Industria & Commercio di Prato
2012
- 1 etapa do Tour de Omán
- 1 etapa da Tirreno-Adriático
- 1 etapa dos Tres Días de La Panne
- 5 etapas do Tour de California
- 4 etapas da Volta a Suiza
- Campionato de Eslovaquia en Ruta

- 3 etapas do Tour de Francia, mais clasificación por puntos

2013
- 2 etapas do Tour de Omán
- Gran Premio Cidade de Camaiore
- 2 etapas da Tirreno-Adriático
- Gante-Wevelgem
- Campionato de Eslovaquia en Ruta

- Clasificación por puntos do Tour de Francia

2014
- 1 etapa do Tour de Omán
- 1 etapa da Tirreno-Adriático
- E3 Harelbeke
- 1 etapa dos Tres Días de A Panne
- 1 etapa do Tour de California
- 1 etapa da Volta a Suíza
- Campionato de Eslovaquia en Ruta

- Clasificación por puntos do Tour de Francia

2015
- 1 etapa da Tirreno-Adriático
- Tour de California, mais 2 etapas
- 2 etapas da Volta a Suíza
- Campionato de Eslovaquia en Ruta

- Campionato de Eslovaquia Contra o reloxo

- Clasificación por puntos do Tour de Francia

- 1 etapa da Vuelta a España
- Campionato Mundial en Ruta

2016
- Gante-Wevelgem
- Tour de Flandres
- 2 etapas do Tour de California
- 2 etapas da Volta a Suíza
- 2º no Campionato de Eslovaquia en Ruta

- 3 etapas do Tour de Francia, mais clasificación por puntos
e premio da combatividade 
- Gran Premio de Quebec
- Campionato Europeo en Ruta

- 2 etapas do Eneco Tour
- UCI World Tour
- Campionato Mundial en Ruta

Resultados nas Grandes Voltas e Campionatos do Mundo[editar | editar a fonte]
| Carreira | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Giro de Italia | - | - | - | - | - | - | - |
| Tour de Francia | - | - | 42º | 82º | 60º | 46º | 95º |
| Vuelta a España | - | 121º | - | - | Ab. | Ab. | - |
| Mundial en Ruta |
Ab. | 12º | 14º | 6º | 43º | 1º | 1º |
| Mundial Contra o reloxo |
- | - | - | - | - | - | - |
-: non participa
Ab.: abandono
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 3º Bicicleta de Ouro (2013)[12]
- 2º Bicicleta de Ouro (2015)
- Bicicleta de Ouro (2016)[13]
Equipos[editar | editar a fonte]
- Dukla Trencin-Merida (2009)
- Liquigas/Cannondale (2010-2013)
- Liquigas-Doimo (2010)
- Liquigas-Cannondale (2011-2012)
- Cannondale (2013-2014)
- Tinkoff (2015-2016)
- Tinkoff-Saxo (2015)
- Tinkoff (2016)
- Bora-Hansgrohe (2017)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.cyclingnews.com/news/young-slovakian-star-sagan-celebrates-20th-birthday%7Ctitre=[Ligazón morta]
- ↑ "Omloop Het Nieuwsblad: Van Avermaet gaña na casa a primeira clásica do empedrado". www.esciclismo.com. 27-02-2016. Consultado o 02-12-2016.
- ↑ "Kuurne-Brussel-Kuurne: Clasificacións completas da Kuurne-Brussel-Kuurne". www.esciclismo.com. 28-02-2016. Consultado o 02-12-2016.
- ↑ "Strade Bianche: Peter Sagan: "Non tiña pernas para máis"". www.esciclismo.com. 05-03-2016. Consultado o 12-02-2016.
- ↑ "Michal Kwiatkowski pode con Peter Sagan na E3 Harelbeke". www.esciclismo.com. 25/03/2016. Consultado o 02/12/2016.
- ↑ "Tour de Flandes: Peter Sagan luce o arco da vella gañando a centésima edición". www.esciclismo.com. 03-04-2016. Consultado o 12-02-2016.
- ↑ "Dobre caída de Cancellara na París-Roubaix e asombrosa maniobra de Sagan para evitalo". Eurosport. 10-04-2016. Consultado o 02-12-2016.
- ↑ Celes Piedrabuena (18-07-2016). "Tour de Francia - Víctoria de Sagan na etapa 16". Mundo Deportivo. Consultado o 02-12-2016.
- ↑ "Tour de Francia: Sagan, o máis combativo do Tour". Marca.com. 23/07/2016. Consultado o 02/12/2016.
- ↑ "O equipo Bora-Hansgrohe anuncia a fichaxe de Peter Sagan". www.esciclismo.com. 1/08/2016. Consultado o 02/12/2016.
- ↑ "Peter Sagan: “Creo que podería ter rematado no Top 10”". ciclismoafondo.es. Consultado o 01/12/2016.
- ↑ Froome e Nairo Quintana, Velo d'Or 2013 20minutos.es
- ↑ "Peter Sagan, mellor ciclista do ano 2016 para a revista Vélo". www.esciclismo.com. Consultado o 01/12/2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha de Peter Sagan (procyclingstats.com) (en inglés)
- Peter Sagan na páxina web do equipo Liquigas (en inglés)
- Ficha na páxina web do equipo Tinkoff (en inglés)
- Ficha de Peter Sagan (sitiodeciclismo.net)
- Ficha de Peter Sagan (cqranking.com)
- Peter Sagan en Facebook
- Peter Sagan en Twitter
- [1]
|