| Éufrates |
|---|
 |
| País | Turquía
Siria
Iraq |
|---|
| Altitude | 4.500 msnm |
|---|
| Lonxitude | 2.780 Km |
|---|
| Conca | 765 831 km² |
|---|
| Caudal medio | 830 m³/s |
|---|
| Desembocadura | Golfo Pérsico |
|---|
|
Barca no Éufrates en Basra (Iraq)
O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.
O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Éufrates  |
| Control de autoridades |
: Q34589
- WorldCat
- VIAF: 237806341
- BRE: 4010322
- EBID: ID
- GEC: 0025493
- GeoNames: 315147
- GND: 4258936-8
- LCCN: sh85045605
- NKC: ge138086
- Pleiades: 912849
|
|---|
|